xoves, 28 de novembro de 2013

XORNADA URBANISMO EN REDE

                                    http://www.santiagodecompostela.org/imx_novas/logo_portada.pngUrbanismo en red logo                                                                            



XOVES 28 DE NOVEMBRO AS 19:30h: XORNADA URBANISMO EN REDE

O Programa de Impulso do urbanismo en Rede xurdiu dun Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Industria Turismo e Comercio, a Federación Española de Municipios e Provincias e Red.es. Este Convenio ten como obxetivo a introducción das TIC no ámbito urbanístico das Entidades Locais, dando resposta a unha demanda de transparencia, mediante a publicación por Internet dos Plans urbanísticos, e a introducción de ferramentas que faciliten a operativa dos técnicos municipais, mellorando deste xeito a eficiencia na xestión.

O Concello de Santiago de Compostela, tras unha convocatoria pública foi seleccionado entre outros municipios para a posta en marcha da primeira fase do Programa co desarrollo e implantación dun proxecto piloto. Neste proxecto todo o planeamento vixente de Santiago foi dixitalizado, sistematizado e inscrito nun Rexistro de Planeamento dixital que permite validar inscribir e refundir os Plans.

O totalidade do Planeamento vixente foi refundido para producir un Plan publicable que reune todolos plans existentes no municipio. Como proxecto piloto, este visor e o seu contido están suxeitos a actualización constante.

Visor do Planeamento Refundido






Ningún comentario:

Publicar un comentario