martes, 29 de abril de 2014

NOVO HORARIO DA DELEGACIÓN DE SANTIAGO





Dado o aumento progresivo do número de visados dixitais, e disminución do visado en soporte papel, aprobouse por unanimidade en xunta de goberno do día 10 de abril, reducir o horario de atención ao público na nosa delegación de 10 horas diarias a 8 horas diarias.

O horario quedará como segue de luns a venres:

      • Mañás de 9:30 a 13:30 horas
      • Tardes de 16:30 a 20:30 horas

O horario para cursos, xornadas, etc....seguirase mantendo (pola semán ata as 22:00 horas, e os sábados pola mañá).




mércores, 16 de abril de 2014

LEXISLACIÓN AMBIENTAL DE PROXECTOS


Circular 05/14
AsuntoCurso: “Lexislación Ambiental de Proxectos”.

Estimado colexiad@:

Continuando o programa de formación 2014, presentamos o curso “Tramitación Ambiental de Proxectos”, de 18 horas de duración, co obxectivo principal de que o alumnado asistente poida coñecer a diferente normativa medioambiental que é necesaria ter en conta durante o exercicio profesional, e dominar os trámites administrativos requiridos.

Programa:
Ø  Avaliación do Impacto Ambiental, Marco Legal.
Ø  Estrutura e Funcións da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Ø  Avaliación Ambiental.
Ø  Lei de Emprendemento.
Ø  Taller de proxectos. Casos prácticos de tramitación.
Ø  Autorización Ambiental Integrada.
Ø  Residuos de Construción e Demolición (RCDs). Marco Legal, Xestión e utilización.

A partir da data referida no encabezado, ábrese o PRAZO DE INSCRICIÓN nesta actividade para, unha vez recibidas un mínimo de 20 solicitudes, proceder a súa posta en marcha. Pídovos que realicedes a inscrición coa maior celeridade posible, dado que esta farase por rigoroso orden de confirmación.
            Como de costume, e respectando a vosa preferencia de que a actividade se realice en horario “compatible” coa profesión, as datas e horarios serían as seguintes:

Denominación da actividade
Duración
Temporalización
Lugar de impartición
Tramitación ambiental de proxectos
18 h
9,10,16,23,30,31 de maio
COETI-Santiago

            O horario sería o seguinte:

 


-         
Venres: 19:00 h a 22:00
-          Sábados: 10:00 h a 13:00 h

No tocante ao aspecto económico, a aportación será:
-       Colexiad@s: 60€.
-       Colexiad@s en situación de desemprego: 45€ (previa xustificación da situación de desempregad@).
-       Para profesionais de outros colectivos: 120€.

NOTA: Esta actividade está subvencionada en parte polo Colexio.

Si estás interesad@ na asistencia a esta actividade, por favor fáinolo saber coa maior celeridade posible, a través dos medios habituais:

Tfno.: 981 59 14 72
 Correo_e: santiago@coeticor.org

Quedando á túa disposición, recibe un cordial saúdo.



Asdo.: Bárbara Clavero Leirós
Coordinadora de Formación


venres, 4 de abril de 2014

CURSO DE MARKETING (25-26 DE ABRIL)





FESTIVIDADE PATRONAL (24 DE MAIO)





Estimado/a colexiado/a:


Polo presente adiántoche que este ano a FESTIVIDADE DO SANTO PATRÓN vaise levar a cabo o día 24 de maio (sábado) coa seguinte programación:


- 20:30 horas. Misa na Colexiata do Sar, a cargo de D. José Porto Buceta, párroco de Sar.

- 22:00 horas. Cea_baile no Eurostars "Araguaney" (*****) de Santiago, con entrega de diplomas de "Colexiado de mérito", "Insignias de prata do Colexio", "Insignias de Ouro do Consello Galego", e  "Presidente de Honra do Colexio".

- Prezo por persoa: 35 EUR (aplicado desconto por parte do Colexio)


Dado que se presenta como unha ocasión para poder estar en cofraternidade un ano máis, espero poder contar coa túa estimada presenza.


NOTA: Seguirás informado máis polo miúdo deste evento.


Recibe un saúdo cordial

Juan Carlos Muñiz Abuín_Presidente

COETICOR Delegación de Santiago
Rúa Ramón Piñeiro, 11 - Baixo
15702 Santiago de Compostela
Tel.: 981 59 14 72 / Fax: 981 95 48 20

Correo electrónico: santiago@coeticor.org

VIAXE CULTURAL: ASTURIAS (17-18 DE MAIO)





Estimado/a colexiado/a:

Polo presente adiántoche que este ano a VIAXE CULTURAL vaise realizar polo PRINCIPADO DE ASTURIAS durante os días 17 e 18 de maio (sábado e domingo), co seguinte itinerario:


- Día 17/05/2014 (sábado): Saída en autobús desde Santiago a Cudillero -->Pruvia-->Oviedo


- Día 18/05/2014 (domingo): Oviedo -->Gijón-->Santiago, con posible parada en Melide para tomar a famosa "pulpada". Chegada prevista a Santiago entre as 22:00 e 22:30 horas


- Prezo por persoa: 200 EUR


Dado que se presenta como unha ocasión para poder estar en cofraternidade un ano máis, espero poder contar coa túa estimada presenza.


NOTA: Seguirás informado máis polo miúdo deste evento.


Recibe un saúdo cordial

Juan Carlos Muñiz Abuín_Presidente
COETICOR Delegación de Santiago
Rúa Ramón Piñeiro, 11 - Baixo
15702 Santiago de Compostela
Tel.: 981 59 14 72 / Fax: 981 95 48 20

Correo electrónico: santiago@coeticor.org

xoves, 3 de abril de 2014

CHARLA-CONFERENCIA: "O VIÑO" (11 DE ABRIL)






Estimados compañeir@s:

Para cambiar a dinámica habitual das actividades formativas levadas a cabo ata o momento, o venres 11 de abril, ás 19:30 horas, está previsto que se celebre nesta Sé unha Charla Conferencia sobre o "viño", na cal teremos o pracer de contar cun ponente de primeira liña no sector vitivinícola. Chámase Germán Rodríguez Salgado e é propietario da Bodega que leva o mesmo nome, situada na Rúa (Ourense).

Posúe a denominación de orixe da coñecida como "Viña de Fornos" e, entre outros, comercializa as calidades de "godello" e "mencía".

Ao finalizar o relatorio está previsto que se leve a cabo unha "degustación" dos caldos antes mencionados, acompañados dun pequeno pincho.

A asistencia é GRATUÍTA.

Esperando contar coa túa presenza, aproveito para saudarche.


Juan Carlos Muñiz Abuín_Presidente

NOTA: Rógase confirmar asistencia antes do mércores día 09 de abril.

COETICOR Delegación de Santiago
Rúa Ramón Piñeiro, 11 - Baixo
15702 Santiago de Compostela
Tel.: 981 59 14 72 / Fax: 981 95 48 20

Correo electrónico: santiago@coeticor.org