xoves, 3 de abril de 2014

CHARLA-CONFERENCIA: "O VIÑO" (11 DE ABRIL)






Estimados compañeir@s:

Para cambiar a dinámica habitual das actividades formativas levadas a cabo ata o momento, o venres 11 de abril, ás 19:30 horas, está previsto que se celebre nesta Sé unha Charla Conferencia sobre o "viño", na cal teremos o pracer de contar cun ponente de primeira liña no sector vitivinícola. Chámase Germán Rodríguez Salgado e é propietario da Bodega que leva o mesmo nome, situada na Rúa (Ourense).

Posúe a denominación de orixe da coñecida como "Viña de Fornos" e, entre outros, comercializa as calidades de "godello" e "mencía".

Ao finalizar o relatorio está previsto que se leve a cabo unha "degustación" dos caldos antes mencionados, acompañados dun pequeno pincho.

A asistencia é GRATUÍTA.

Esperando contar coa túa presenza, aproveito para saudarche.


Juan Carlos Muñiz Abuín_Presidente

NOTA: Rógase confirmar asistencia antes do mércores día 09 de abril.

COETICOR Delegación de Santiago
Rúa Ramón Piñeiro, 11 - Baixo
15702 Santiago de Compostela
Tel.: 981 59 14 72 / Fax: 981 95 48 20

Correo electrónico: santiago@coeticor.org


Ningún comentario:

Publicar un comentario