mércores, 26 de marzo de 2014

SEMINARIO: “Empleabilidade: estratexias e ferramentas para o desenvolvemento profesional”



Continuando a formación iniciada en xaneiro con CoachingParaIngenieros, presentamos o Seminario “Empleabilidade: estratexias e ferramentas para o desenvolvemento profesional”, co obxectivo principal de orientar, motivar e facilitar técnicas na búsqueda de emprego ao alumnado asistente.
Ademais, mediante este curso, obterás de xeito totalmente gratuito unha sesión de Coaching individual e a revisión personalizada do teu CV.
Os tempos que corren fan que cada vez máis teñamos que adquirir novas técnicas e destrezas para intentar buscar unha posición no mercado laboral, tanto como empresarios ou profesionais liberais, como traballadores por conta allea. Por iso, e sin deixar de lado o aspecto técnico das accións formativas que vimos realizando, propoñemosvos a realización de esta nova actividade. Para profundizar máis sobre o mencionado seminario, que tería unha duración estimada de (10) horas, xunto remitimos o programa do mesmo.
A partir da data referida no encabezado, ábrese o PRAZO DE INSCRICIÓN nesta actividade para, una vez recibidas un mínimo de (22) solicitudes, proceder a súa posta en marcha. Pídovos que realicedes a inscrición coa maior celeridade posible, dado que esta farase por rigoroso orden de confirmación.


Como de costume, e respectando a vosa preferencia de que a actividade se realice en horario “compatible” coa profesión, as datas e horarios serían as seguintes:

Denominación da actividade
Duración
Temporalización
Lugar de impartición




Estratexias e ferramentas para o desenvolvemento profesional
10 horas
10,11 e 12 de abril
COETI-Santiago

O horario sería o seguinte:
-Xoves 10 de abril: 19:00 h a 22:00 h 
-Venres 11 de abril: 19:00 h a 22:00 
-Sábado 12 de abril: 10:00 h a 14:00 h
Importe económico da acción formativa: 
-Colexiad@s en activo: 30 € 
-Colexiad@s en paro: 20 € 
-Non colexiad@s e outros colectivos: 50€

Si estás interesad@ na asistencia a esta actividade, por favor fáinolo saber coa maior celeridade posible, a través dos medios habituais:

Tfno.: 981 59 14 72 
Correo_e: santiago@coeticor.org

NOTAS:

1. Ao inicio do curso faríase entrega da correspondente documentación.

2. Xúntase á presente o programa formativo e ponente/s.









Ningún comentario:

Publicar un comentario