venres, 4 de abril de 2014

FESTIVIDADE PATRONAL (24 DE MAIO)





Estimado/a colexiado/a:


Polo presente adiántoche que este ano a FESTIVIDADE DO SANTO PATRÓN vaise levar a cabo o día 24 de maio (sábado) coa seguinte programación:


- 20:30 horas. Misa na Colexiata do Sar, a cargo de D. José Porto Buceta, párroco de Sar.

- 22:00 horas. Cea_baile no Eurostars "Araguaney" (*****) de Santiago, con entrega de diplomas de "Colexiado de mérito", "Insignias de prata do Colexio", "Insignias de Ouro do Consello Galego", e  "Presidente de Honra do Colexio".

- Prezo por persoa: 35 EUR (aplicado desconto por parte do Colexio)


Dado que se presenta como unha ocasión para poder estar en cofraternidade un ano máis, espero poder contar coa túa estimada presenza.


NOTA: Seguirás informado máis polo miúdo deste evento.


Recibe un saúdo cordial

Juan Carlos Muñiz Abuín_Presidente

COETICOR Delegación de Santiago
Rúa Ramón Piñeiro, 11 - Baixo
15702 Santiago de Compostela
Tel.: 981 59 14 72 / Fax: 981 95 48 20

Correo electrónico: santiago@coeticor.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario